
05
Abril
MERCADO RENACENTISTA 2018
Dª María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, informa que
A presente edición da Feira Renacentista terá lugar os días 5, 6, 7 e 8 de xullo de 2018; un ano máis, o concello será o encargado de organizar esta festa que xa se convertiu nun referente en toda a comarca.
Proximamente, o concello vai convocar unha reunión á que poderán asistir todos os veciños ou asociacións que desexen participar de forma activa no tradicional desembarco de Carlos V.
Así mesmo, en breve, o concello vai establecer o prazo para que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes de préstamo de material para a celebración de comidas na rúa; como sempre, o concello prestará todo o material do que dispón para a celebración destas comidas que, cada ano, van en aumento, dándolle prioridade as solicitudes presentadas polos veciños con respecto ás presentadas por establecementos hostaleiros.
Viveiro, na data que consta á marxe.
A alcaldesa
María Loureiro García