
02
Decembro
MERCADO DE NADAL
Viveiro contará este ano cun Mercado de Nadal ao que está confirmada a asistencia de oito postos de artesanía.
Viveiro contará este ano cun Mercado de Nadal ao que está confirmada a asistencia de oito postos de artesanía. Este mercado de artesanía estará aberto dende o 18 de decembro ao 4 de xaneiro na sala multiusos do Concello de Viveiro, na Praza Maior, e abrirá en horario de mañá e tarde, de 11 a 14 horas e de 17 a 21, pechando soamente os días de Nadal e Aninovo.