MELLORES INICIATIVAS PARA PROMOCIONAR O TURISMO DA PROVINCIA

MELLORES INICIATIVAS PARA PROMOCIONAR O TURISMO DA PROVINCIA

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE UN DOS PREMIOS ÁS MELLORES INICIATIVAS PARA PROMOCIONAR O TURISMO DA PROVINCIA POLO SEU BELÉN ‘VIVEIRO ANTE O BERCE’

Viveiro, 3 de setembro de 2021. A Deputación de Lugo fixo públicos os premios ao turismo da provincia e o Concello de Viveiro obtivo un galardón na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense.

Viveiro resultou premiado polo seu proxecto Viveiro ante o Berce, unha iniciativa turística que se celebra época de Nadal cun importante impacto no municipio pero tamén na provincia.

A Praza de Santa María acolle, nos meses de decembro e xaneiro, este nacemento de Cristo a tamaño real que recrea a vida cotiá en Belén. Entre as esceas que se representan atópanse O Misterio; a Anunciación aos Pastores; a Anunciación á Virxe; a visita dos Reis Magos; a Matanza dos Inocentes; e a Sala do Trono de Herodes. 

Agradecemos o premio da Deputación, un estímulo moi importante para nós, para unha iniciativa ademais tan especial como é ‘Viveiro ante o berce’, que cada ano atrae a máis persoas”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer publicamente o traballo e a dedicación das distintas empresas, persoas, institucións ou entidades a favor do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística provincial, a traxectoria profesional e a posta en marcha de actuacións innovadoras e exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía lucense. 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar