
15
Setembro
MELLORAS NOS PARQUES INFANTÍS
O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA MELLORAS NOS PARQUES INFANTÍS DE LAVANDEIRAS, EN CELEIRO, E NA PRAZA DA HABANA
Viveiro, 14 de setembro de 2023. Tenencia de Alcaldía de Viveiro realizou tarefas de renovación e mantemento en dous parques infantís, mellorando desta forma dúas zonas de lecer para os nenos e nenas.
No caso do parque das Lavandeiras, en Celeiro, “xa están rematadas as tarefas de reparación levadas a cabo nos aparatos de xogo”, explica Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da concellería de Parques e Xardíns.
“Temos o compromiso de mellorar e ter en boas condicións os espazos de ocio e lecer para as familias; os parques infantís son moi importantes para a conciliación e para fomentar o xogo compartido entre os nenos e nenas”, engade Bermúdez.
O concello realizou tamén tarefas de mantemento no parque da praza da Habana e anuncia que o columpio-cesta que falta está pedido e instalarase en canto chegue.
Estes traballos en todos os parques infantís de Viveiro realizaranse de forma periódica para mantelos en boas condicións.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro