
26
Agosto
MELLORA NAS ESCALEIRAS DO CALEXÓN DE CACHOCHA
FINALIZADAS AS OBRAS DE MELLORA NAS ESCALEIRAS DO CALEXÓN DE CACHOCHA PARA MAIOR SEGURIDADE DA VECIÑANZA
Viveiro, 25 de agosto. O Concello de Viveiro vén de realizar labores de mellora no Calexón de Cachocha, en Celeiro. Este calexón, que une a Rúa da Praia coa Rúa Atalaia, é un dos máis antigos de Celeiro e as súas escaleiras, construídas a mediados dos anos 60 –xa que nos seus inicios era unha rampa con moita pendente-, atopábanse bastante deterioradas.
Coa execución destas obras o goberno municipal pretende que os veciños e veciñas que transitan por este calexón poidan facelo nunhas mellores condicións, con maior comodidade e menos perigo, especialmente nos meses de inverno e outono, cando o piso está húmido debido ás choivas.