MELLORA DA SALA DE EXPOSICIÓNS DA BIBLIOTECA

MELLORA DA SALA DE EXPOSICIÓNS DA BIBLIOTECA

O CONCELLO DE VIVEIRO REFORZA A SÚA APOSTA POLA PROMOCIÓN CULTURAL CUNHA ACTUACIÓN DE MELLORA DA SALA DE EXPOSICIÓNS DA BIBLIOTECA

Viveiro, 22 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro reforza a súa aposta pola promoción cultural cunha actuación de mellora da sala de exposicións da Biblioteca Municipal.

Para o noso concello, a cultura é unha prioridade de goberno, con actividades e unha programación continua durante todo o ano e para todas as idades; agora melloramos este espazo expositivo, o que nos permitirá traer novas mostras nos próximos meses”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que hoxe visitou a sala coa concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Seguimos na liña de mellorar os espazos e instalacións municipais, que están a disposición de calquer veciño ou veciña para facer exposicións; esperamos que a nova sala sexa do agrado de todos”, explica a concelleira de Cultura.

Para a realización das obras, dende a Concellaría de Cultura solicitouse unha subvención á Xunta de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, que foi concedida e permitiu renovar esta sala, dotándoa de iluminación, colgadores e proxector.

Vaise facer unha inauguración desta sala o 17 de outubro, dentro do programa Superarte, cunha exposición de Xolo, artista residente en Adaoeman A Mariña.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar