
19
Outubro
MEDALLA DE OURO DA VILA Á COFRADÍA DE PESCADORES DE CELEIRO
O CONCELLO DE VIVEIRO APROBA POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA VILA Á COFRADÍA DE PESCADORES DE CELEIRO POLO SEU CENTENARIO
Viveiro, 18 de outubro de 2023. O pleno do Concello de Viveiro aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos representados a concesión da medalla de Ouro da vila á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, que cumpre cen anos neste 2023.
“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o concello, que destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”. A concesión da medalla foi unha proposta do Partido Popular.
A entrega á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro da Medalla de Ouro da Cidade de Viveiro será nun acto público.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro