MARUJA MALLO. VIVEIRO E A VANGARDA DO SÉCULO XX

MARUJA MALLO. VIVEIRO E A VANGARDA DO SÉCULO XX

O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA O CICLO DE CONFERENCIAS “MARUJA MALLO. VIVEIRO E A VANGARDA DO SÉCULO XX” ESTE DOMINGO

Viveiro, 10 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro presenta o ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”, que se celebrará este domingo, 13 de marzo, co obxectivo de enxalzar a figura da artista viveirense. A cita será no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 19:00 horas. 
 
Este ciclo dá continuidade á programación do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado martes 8 de marzo. Neste senso, o Concello de Viveiro preparou un programa coa figura de Maruja Mallo como eixo central, co obxectivo de visibilizar ás mulleres artistas. 
 
“O ciclo de conferencias sobre Maruja Mallo é especial por dúas razóns. Dunha banda, reivindicamos o percorrido dunha artista nada en Viveiro; á vez que sacamos do esquecemento a figura das mulleres artistas”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 
 
O evento deste domingo contará co relatorio de José Luis Ferris, baixo o título “De Viveiro ao mundo. Maruja Mallo a gran vangardista europea”. Ferris é poeta, novelista e autor de diversos ensaios, ademais de gañador do premio da crítica da Comunidade Valenciana polo seu primeiro libro de poesía, Piélago. Ademais, este autor publicou o libro “Maruja Mallo. La gran transgresora del 27”, no ano 2004. 
 
Tamén estará presente o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo, que é experto e biógrafo de Maruja Mallo. No seu caso, presentará a conferencia “Maruja Mallo, dende Viveiro ao Madrid Republicano”. Na súa obra sobre artista viveirense inclúese “Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal” (2010).  
 
“As artes é un dos moitos campos con dificultades para as mulleres, con traxectorias como a de Maruja Mallo completamente agochadas. Por iso dende o Concello de Viveiro reivindicamos a visibilidade que merecen as mulleres en todos os eidos”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. 
 
O Concello de Viveiro agarda a continuidade no tempo desta iniciativa, co obxectivo de organizar futuras conferencias con expertos/as que traten a figura de Maruja Mallo. De feito, o próximo encontro será o 21 de abril, da man de Antón Reixa, quen falará sobre o seu documental "Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco".
 
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar