
16
Outubro
LIMPEZA PRAIAS
O CONCELLO DE VIVEIRO COLABORA MAÑÁ E O SÁBADO NUNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DE MANTER LIMPAS AS PRAIAS
Viveiro, 15 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro colabora mañá e pasado nunha campaña de concienciación coordinada pola asociación ecoloxista Adega para concienciar da importancia de manter limpas as praias.
En concreto, tres entidades solicitaron axuda no concello para participar na campaña ‘Limpeza simultánea de praias’. Serán o IES María Sarmiento Praia, a aula da Uned de Viveiro e a peña ciclista Lar.
O concello colaborará cedendo aos participantes o material axeitado para limpar os areais, sacos e luvas, ademais de comprometerse a recoller o lixo que xunten.
Para o equipo de goberno de Viveiro, o coidado da contorna natural do municipio é unha prioridade, polo que eloxia e apoia este tipo de iniciativas para concienciar á veciñanza da importancia de respectar o medio ambiente.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro