LANDROVE CELEBRA A SÚA FESTA LABREGA E OLIMPÍADAS RURAIS

LANDROVE CELEBRA A SÚA FESTA LABREGA E OLIMPÍADAS RURAIS

LANDROVE CELEBRA OS DÍAS 13 E 14 DE OUTUBRO A SÚA FESTA LABREGA E UNHA NOVA EDICIÓN DAS OLIMPÍADAS RURAIS

Viveiro, 9 de outubro de 2023. A parroquia de Landrove será o escenario, os días 13 e 14 de outubro, da VII edición da súa Festa Labrega e das VI Olimpíadas Rurais. O Concello de Viveiro presentou a programación do evento xunto aos seus organizadores, a asociación cultural e deportiva Pequenos Pasos.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo "agradecer un ano máis o traballo da asociación Pequenos Pasos e da veciñanza de Landrove nesta xa tradicional festa".

O venres 13 de outubro, ás 21:00, terá lugar o prendido da chama olímpica, e ás 22.00 horas actuará o grupo Amigos do Folk. Os asistentes ao concerto poderán degustar boliños preñados de balde.

O sábado 14, ás 13:00, o trío Zafiro animará a sesión vermú, e ás 16.00 horas comezarán as V Olimpíadas Rurais. Esa noite haberá unha actuación do grupo Espera que Vou Mexar ás 20:30, cea labrega ás 21:00, e finalmente, ás 23:00; festa co trío Zafiro e con Santín & María Barral.

A programación terá lugar no campo da festa, contando con carpa. Para máis información pódese contactar co número de teléfono 636 01 41 53.

Con estas celebracións, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e desfrutar do ocio no rural hai varias décadas. O Concello de Viveiro colabora coa asociación cultural na súa organización.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar