IV RALLYE DA MARIÑA LUCENSE

IV RALLYE DA MARIÑA LUCENSE

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO IV RALLYE DA MARIÑA LUCENSE, QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA

Viveiro, 11 de maio de 2022. O Concello de Viveiro acolleu esta tarde a presentación do IV Rallye da Mariña Lucense, que se celebrará esta fin de semana (13, 14 e 15 de maio).

Será a terceira proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2022. A súa base estará no Concello de Viveiro e transcorrerá tamén por Muras, Ourol, O Vicedo, Xove e Cervo.

Na presentación desta tarde, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “é un pracer ser de novo a base e o centro neurálxico dos coches e pilotos participantes na proba”.

Quero agradecer o traballo da Escudería Mix Rallye e do seu presidente, Ignacio José Davila Estévez, así como o apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e os diferentes patrocinadores cos que conta o campionato galego de rallyes”, manifestou.

Desde xa hai moitos anos, en Viveiro apostamos polo deporte e por albergar probas que ademais nos permiten promocionar o atractivo natural e paisaxístico do noso concello e do conxunto da Mariña”, engadiu a alcaldesa.

Este ano ademais como novidade do rallye vai haber unha cerimonia de saída desde a praza Maior de Viveiro, o venres a partir das 20.00 horas. Co obxectivo de que o motor chegue a todo o concello, nesta ocasión as verificacións se realizarán na explanada de Grallal, en Covas, e o parque pechado estará situado nas Lavandeiras, en Celeiro.

En palabras de María Loureiro, “Viveiro demostrará outra vez esta fin de semana que é un concello acolledor e con moito que ofrecer aos que nos visitan”.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar