IV CARREIRAS DE CABALOS ‘CIDADE DE VIVEIRO’

IV CARREIRAS DE CABALOS ‘CIDADE DE VIVEIRO’

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A 4ª EDICIÓN DAS CARREIRAS DE CABALOS ‘CIDADE DE VIVEIRO’

Viveiro, 7 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro presentou a 4ª Edición das Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que serán esta fin de semana, os días o e 10 de setembro, no Campo de Fútbol de Celeiro.

A alcaldesa, María Loureiro, e Gabriel Vizoso, da Asociación de Cabaleiros do Landro, presentaron este evento.

“Un ano máis, dende o Concello de Viveiro colaboramos con esta cita, que posiciona a nosa vila, e Celeiro en concreto, como un punto de interese turístico e deportivo”, subliñou María Loureiro.

A xornada do sábado comezará ás 10:00 coa Final do Campionato Galego de Andadura Individual, mentres que pola tarde se celebrará o Campionato Galego de Andadura por equipos e unha exhibición de pastoreo con cans.

O domingo, celebraranse as distintas competicións por categorías, que inclúen andadura libre serrada, chapeada e galope. Haberá tamén exposición de maquinaria e feira de gando.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar