INICIATIVA DE WWF NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

INICIATIVA DE WWF NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE Á INICIATIVA DE WWF NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

--Na noite do sábado a Casa do Concello apagará as súas luces para amosar o seu compromiso na defensa do medio ambiente

Viveiro, 21 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro adhírese á campaña ‘La Hora del Planeta!’ lanzada pola organización ecoloxista WWF. Esta iniciativa global busca que gobernos, empresas e particulares ratifiquen o seu compromiso coa loita contra o cambio climático.

Mañá, sábado 22 de marzo, entre ás 20:30 e 21:30 horas, o Concello de Viveiro apagará a luz da Casa do Concello para sumarse a esta proposta que busca visibilizar o impacto no medio ambiente do cambio climático.

Dende a entidade organizadora deste evento internacional explican que 2024 foi un dos anos máis cálidos dende a revolución industrial, e que o impacto do cambio climático está xa provocando emerxencias sociais como a DANA en Valencia ou os incendios nos Ánxeles (USA).

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, explica que a través da adhesión a esta iniciativa, o seu Executivo reafirma o seu “compromiso coa loita contra o cambio climático e co aforro enerxético ao longo de todo o ano”. “Dende Viveiro esforzámonos día a día para que no noso municipio se faga un uso consciente dos recursos”, engadiu.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Foto de Mert Guller en Unsplash

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar