INCENDIO DE GALDO E VIVEIRO

INCENDIO DE GALDO E VIVEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA QUE O INCENDIO DE GALDO E VIVEIRO ESTÁ XA CONTROLADO E AGRADECE O SEU LABOR AOS VECIÑOS E AOS EFECTIVOS QUE PARTICIPARON NA EXTINCIÓN

Viveiro, 30 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro informa que o incendio que se iniciou onte ao mediodía, e que afectou ás parroquias de Galdo e Vieiro, está xa controlado. Debido a situación de alerta metereolóxica por vento, se manteñen os medios de extinción na zona para refrescar e vixiar o perímetro.

Tamén se subliña que as dúas persoas que no día de onte tiveron que ser desaloxadas como medida de precaución, xa puideron volver onte pola tarde ás súas vivendas.

Dende o concello quérese agradecer aos efectivos de Medio Rural, do Parque Comarcal de Bombeiros de Viveiro, Servizo de Proteccion Civil de Viveiro e Voluntarios de Protección Civil, Policía Local de Viveiro, Policía Nacional e Garda Civil, e GES de Cervo o seu grande esforzo e traballo na extinción do incendio.

Tamén se agradece a todos os veciños e veciñas da zona a súa colaboración nas tarefas de extinción.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar