INAUGURACIÓN DAS XORNADAS TÉCNICAS DE DIFUSIÓN DO SECTOR PESQUEIRO DE CELEIRO

INAUGURACIÓN DAS XORNADAS TÉCNICAS DE DIFUSIÓN DO SECTOR PESQUEIRO DE CELEIRO

MARÍA LOUREIRO DESTACA “A CAPACIDADE DO PORTO DE CELEIRO PARA FACER FRONTE AOS PROBLEMAS E OS CAMBIOS DO SECTOR PESQUEIRO”

--A alcaldesa de Viveiro asistiu á inauguración das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro de Celeiro

Viveiro, 21 de novembro de 2024. María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, destacou hoxe “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas do sector pesqueiro e adaptarse aos cambios, para estar sempre á vangarda en cuestións claves como a aposta polo I+D e o uso das novas tecnoloxías”.

A alcaldesa de Viveiro asistiu á inauguración das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro de Celeiro. Durarán ata o sábado e ofrecerán aos participantes un total de 23 conferencias nas que expertos en diferentes ámbitos analizarán cuestións de gran relevancia para a actividade.

“Quero destacar o esforzo e o traballo de Máximo Díaz, secretario da Cofradía de Pescadores de Celeiro e coordinador das xornadas, e de Domingo Rey, presidente do Porto de Celeiro e patrón maior da Cofradía de Pescadores de Celeiro”, afirma Loureiro.

“Uns días para o diálogo, o debate e a reivindicación. Viveiro e Celeiro son sinónimos de pesca, un sector fundamental na economía local e da Mariña, de milleiros de familias que viven do mar”, engadiu a alcaldesa.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar