
04
Decembro
II RALLY MARIÑA LUCENSE
O CONCELLO DE VIVEIRO É ESTE FIN DE SEMANA A SEDE DO II RALLY MARIÑA LUCENSE, ACOLLENDO ADEMÁIS O PARQUE DE TRABALLO PECHADO DA COMPETICIÓN EN CELEIRO
Viveiro, 11 de decembro de 2020. O II Rally Mariña Lucense celébrase desde hoxe e ata o domingo polos concellos de Viveiro, Cervo, O Vicedo e Xove. A proba estaba prevista inicialmente para o mes de novembro, non podendo celebrarse nese momento pola situación epidemiolóxica e as restricións existentes.
O Concello de Viveiro será a sede deste rally e tamén o lugar no que se instalará o parque de traballo pechado, ubicado en Lavandeiras, Celeiro, non habendo ningún tramo de competición en vías do municipio.
No día de onte, o Concello de Viveiro participou na reunión de seguridade convocada pola Subdelegación do Goberno e, neste sentido, cabe sinalar que este concello redobrará as patrullas da Policia Local para garantir o cumprimento das medidas e que non se produzan aglomeracións.
Gran parte dos corredores do rally e do persoal de traballo vinculado ao mesmo hospédanse en Viveiro, o que supón un importante impulso para os sectores do hostalaría, hoteles e turismo, especialmente afectados pola crise derivada da pandemia. Por ese motivo, o concello apoia e colabora coa celebración deste rally, garantizando todos os protocolos Covid-19.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro