
03
Abril
GUÍAS DE BOAS PRÁCTICAS NA PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS PARA O COMERCIO
O Concello de Viveiro publica na web municipal as guías remitidas pola FEMP, a través da Circular 27/2020, sobre boas prácticas na prevención do coronavirus dirixidas, en ambos casos, ao sector do comercio, co obxectivo de darlle difusión.
A primeira guía, titulada Medidas de contención do COVID-19 no desenvolvemento da actividade comercial a distancia e abastecemento de zonas rurais sen locais comercias, está dirixida ao desenvolvemento da actividade de venda de produtos on-line e/ou por teléfono e á venda itinerante en municipios que carezan de locais comerciais e, por tanto, da seguridade de abastecementos de productos de primeira necesidade. Nela recóllense, entre outras cuestións, as medidas hixiénicas a seguir para a preparación dos pedidos, os servizos de entrega no ámbito rural, as medidas para a entrega domiciliaria de envíos procedentes de comercio on-line, venda
telefónica e por catálogo ou as medidas que minimicen o contacto entre o repartidor e o cliente .
A segunda guía, denominada Guía de boas prácticas para os establecementos do sector comercial, vai dirixida aos establecementos comerciais que permaneceron abertos de acordo co establecido polo Real Decreto 463/2020. Contén, entre outras, recomendacións de protección fronte ao virus, medidas de hixiene do personal, de hixiene no establecemento, medidas organizativas, medidas de protección dos traballadores/as ou de abastecimiento.
Segundo se fai constar na circular referida, para la elaboración destas guías tivéronse en conta as diferentes instrucións e recomendacións elaboradas polo Ministerio de Sanidade.
GUÍA DE BUENAS PRÁCTICAS PARA LOS ESTABLECIMIENTOS DEL SECTOR COMERCIAL