
17
Xullo
FURGONETAS CERO EMISIÓNS
DÚAS FURGONETAS "CERO EMISIÓNS" PARA A BRIGADA DE OBRAS DE VIVEIRO SUBVENCIONADAS CO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL
Viveiro, 16 de xullo de 2024. A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas furgonetas para a brigada de obras do municipio. A adquisión destas furgonetas "cero emisións" foi subvencionada co Fondo de Compensación Ambiental.
A tenenta de alcaldesa de Viveiro e responsable da Área de Obras municipal, Miriam Bermúdez, encadra esta compra na "necesidade de renovar a frota da brigada de obras, que xa estaba moi, moi antiga".
"As furgonetas cero emisións supoñen un novo paso na transición cara ó uso de vehículos verdes e eléctricos, máis respectuosos co medio ambiente, no Concello", engade Bermúdez.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro