FESTIVAL ETHER

FESTIVAL ETHER

O CONCELLO DE VIVEIRO SERÁ ESTE SÁBADO A CAPITAL DA MÚSICA ELECTRÓNICA DE GALICIA CO FESTIVAL ETHER

Viveiro, 27 de xullo de 2022. O Concello de Viveiro acolle este sábado a quinta edición do festival de música electrónica Ether nos Xardíns Noriega Varela.

O evento foi presentado esta mañá pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e os organizadores do festival, que convertirá ao concello este sábado na capital da música electrónica en Galicia.

Dentro da nosa programación cultural, variada e para todas as idades, chega agora a quenda do festival Ether, xa unha referencia para os afeccionados á música electrónica”, afirma a alcaldesa.

Na edición deste ano se aposta por un cartel moi completo en canto a artistas e variedade de estilos. A oferta divídese en dous partes: Etherkids, con obradoiros e actividades para nenos os días previos ao festival, e a propia xornada do sábado.

O festival comezará coa sesión vermú, que conectará co resto das actuacións con presenza de artistas nacionais e internacionais de Techno, House e Disco.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar