FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO

FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO E A ASOCIACIÓN PENALBA RECOLLEN O PREMIO Á EXCELENCIA DO TURISMO E DA GASTRONOMÍA PARA A FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO

O Concello de Viveiro e a ACD Penalba recolleron hoxe, Día Mundial do Turismo, o premio á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia de Lugo para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro. Concretamente, esta tradición viveirense recibiu o galardón na categoría '...E para comer, Lugo' á gastronomía lucense.
 
Asistiron ao acto celebrado en Lugo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o tenente de alcalde, Jesús Fernández; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Juan Canoura, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Penalba.
 
A candidatura desta festa fora presentada polo propio Concello de Viveiro, co obxectivo de aumentar o recoñecemento da celebración. “Este premio confirma de novo a relevancia da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, consolidada como un atractivo turístico e gastronómico a nivel galego”, sinala María Loureiro.
 
A Festa da Merluza do Pincho de Celeiro pon en valor a este produto, pescado artesanalmente polos barcos locais. Durante a celebración, prepáranse uns 800 kg de merluza que se degustan en distintas elaboracións. Ademais, o Concello de Viveiro colabora coa organización da festa.
 
“Agradecemos o esforzo dos veciños e veciñas, especialmente de Celeiro, e das entidades que colaboran nesta festa cada ano, en especial á ACD Penalba de Celeiro, impulsora da festa, cuxo traballo permite obter este tipo de recoñecementos”, finaliza a rexedora.

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar