24
Maio
FELICITACION IES MARÍA SARMIENTO
Dª MARÍA LOUREIRO GARCÍA, Alcaldesa do Concello de Viveiro, INFORMA
Como alcaldesa, en nome de todos os veciños de Viveiro, quero felicitar publicamente ao IES María Sarmiento polo premio provincial Voz Natura-Naturacción, 2017-2018, concedido pola catalogación de arredor de 190 fontes e lavadoiros de Viveiro. Considero que se trata dun proxecto moi interesante, que servirá para pór en valor e protexer esa parte tan importante do noso patrimonio etnográfico; destacando, así mesmo, a intención do centro de darlle continuidade en vindeiras edicións coa catalogación dos municipios limítrofes. Así, pois, a todos os alumnos e docentes que participaron no proxecto, os nosos parabéns!
Viveiro, na data que consta á marxe.
A alcaldesa
María Loureiro García