
23
Xullo
FELICITACIóN ADRIáN BEN
O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA A ADRIÁN BEN TRAS RECIBIR O PREMIO AO MELLOR ATLETA SUB-23 DE ESPAÑA
Viveiro, 23 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro quere felicitar publicamente a Adrián Ben tras recibir o premio ao Mellor Atleta Sub-23, un recoñecemento concedido pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) polos grandes méritos obtidos no ano 2019, entre os que cabe lembrar o sexto posto en 800 metros no Mundial de Doha ou a súa proclamación como subcampeón de España absoluto no Campionato Nacional de Atletismo.
Este nomeamento, recibido na gala virtual dos Premios Anuais da RFEA, supón un novo recoñemento na súa traxectoria deportiva polo traballo, esforzo e logros obtidos nunha temporada na que Adrian Ben fixo historia.
“Todos os veciños e veciñas de Viveiro, unha vez máis, nos sentimos profundamente orgullosos dos seus éxitos deportivos, pero tamén da súa gran valía humana, ao demostrar que ademais dun gran deportista Adrian é un mozo humilde, sensato, amable e agradecido”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro