FEIRA DO LIBRO

FEIRA DO LIBRO

O CONCELLO DE VIVEIRO INAUGURA A SÚA FEIRA DO LIBRO, QUE INCLÚE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA E VARIOS ENCONTROS CON ESCRITORES E ESCRITORAS

Viveiro, 13 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro acolle desde hoxe e ata o luns nos Xardíns Noriega Varela a Feira do Libro ‘Libros no Camiño’, cunha ampla oferta cultural e encontros con diferentes escritores e escritoras.
O pregón infantil correu a cargo de Lucas Fernández Sierra, correspondendo o pregón da feira á escritora Arantza Portabales, que presentará ademais hoxe en Viveiro a súa última obra, ‘La vida secreta de Úrsula Bas’, unha historia cargada de intriga e suspense.
No acto de inauguración, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “coa celebración desta feira abrimos de novo unha fiestra, a da promoción da lectura e o libro, que para o noso concello é unha prioridade de goberno”.
“Durante os próximos catro días, nestes Xardíns de Noriega Varela asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus lectores, un momento sempre máxico para compartir as experiencias vividas arredor dunha obra literaria”, engadiu.
En palabras da alcaldesa de Viveiro, “os libros son potentes armas de coñecemento e serven para educar o noso espíritu crítico e darnos ferramentas para actuar na nosa vida, por iso animo a todo o mundo a pasear pola feira descubrindo as últimas novidades do sector editorial”.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar