19
Novembro
FASE PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE A FASE PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA
Viveiro, 19 de novembro. O Concello de Viveiro presentou hoxe a Fase Previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala, un evento deportivo que convertirá aos concellos de Viveiro e Burela no epicentro deste deporte durante cinco días.
O evento, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol, reunirá ás seleccións autonómicas de Galicia, Navarra, Cataluña, Castela e León e Castela-A Mancha nas categorías Sub-16 e Sub-19.
Os partidos comezarán o xoves 20 de novembro, combinando competicións en ambas categorías ata o domingo 24.
Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, Jesús Fernández, e Julio Mougán, en representación da Federación Galega de Fútbol.
A alcaldesa comentou que dende o concello estan “encantadas de acoller este evento en Viveiro, que sen dúbida será unha gran oportunidade para fomentar o deporte e poñer ao noso municipio no mapa do fútbol sala".
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro