FALLO II PREMIO NOVELA VILAR PONTE

FALLO II PREMIO NOVELA VILAR PONTE

II PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE DO CONCELLO DE VIVEIRO

O Xurado composto por tres persoas vinculadas ao ámbito literario e cultural e un representante do Concello de Viveiro que actúa como secretario con voz e sen voto (Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro, mestre e historiador; Xoan Neira López, mestre e escritor; María Donapetry Camacho, profesora e escritora, e M. Rosario San Isidro Franco, traballadora do Excmo. Concello de Viveiro que levanta acta) falla o premio do xeito que segue:

 

O PRIMEIRO PREMIO corresponde a dona NATALIA CAROU FIGUEIRA coa obra O MAL QUERER facendo as seguintes aportacións en relación á obra gañadora:Trátase dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destructor no que se ve atrapado o lector.

 

O PREMIO AO FINALISTA corresponde a don RAMÓN CARREDANO COBAS coa obra QWERTY facendo as seguintes aportacións: En contraste coa novela gañadora pode resultar máis complexa a súa lectura debido aos saltos temporais do pasado, presente e futuro (o soño da viaxe no tempo). Destaca a sensibilidade sensual e poética (sabores, olores …) combinando o respeto á natureza có progreso e os avances da ciencia.

 

O acto de entrega de premios será o xoves 5 de decembro de 2019 no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar