ÉXITO DO SERVIZO DE MADRUGADORES NOS CENTROS EDUCATIVOS

ÉXITO DO SERVIZO DE MADRUGADORES NOS CENTROS EDUCATIVOS

O CONCELLO DE VIVEIRO DESTACA O ÉXITO DO SERVIZO DE MADRUGADORES NOS CENTROS EDUCATIVOS PARA IMPULSAR A CONCILIACION

Viveiro, 6 de febreiro de 2024. O Concello de Viveiro fai un balance moi positivo do funcionamento do servizo de Madrugadores nos centros educativos.

A alcaldesa, María Loureiro, e a concelleira de Educación, Andrea Ríos, mantiveron unha reunión para avaliar o funcionamento do servizo, no que o concello colabora desde hai tempo.

“É fundamental para impulsar a conciliación familiar”, asegura María Loureiro, que agradece “a boa disposición da comunidade educativa de Viveiro”.

En concreto, o concello colabora co servizo de Madrugadores en tres dos centros educativos que hai en Viveiro.

Neste curso, o concello asume os gastos dos produtos de alimentación para os almorzos dos nenos e nenas que fan uso deste servizo na Escola de Educación Infantil San Roque, no Centro de Educación Primaria Lois Tobio e no CEIP de Celeiro.

Ademais, o concello facilita persoal municipal para colaborar nas tarefas deste servizo de Madrugadores na EEI San Roque e no CEIP de Celeiro.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar