
13
Xuño
ENDOMETRIOSE
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE O PRÓXIMO DÍA 30 UNHA CHARLA SOBRE A ENDOMETRIOSE
Viveiro, 13 de xuño de 2022. O Centro de Información ás Mulleres e a Delegación de Muller do Concello de Viveiro informan da celebración da charla ‘Endometriose, a epidemia oculta’ o próximo día 30 de xuño.
A charla organízase xunto coa asociación ‘Querendo. Mulleres con endometriose’, unha entidade de ámbito galego que persegue contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose e as súas familias.
Esta asociación procura desenvolver as actividades sociosanitarias necesarias para dar a coñecer a doenza, contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitar, na medida do posible, o deterioro da súa calidade de vida.
A charla, para mulleres de toda a comarca, será ás 20:00 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro