
26
Setembro
DISTINTIVO Q DE CALIDADE
O CONCELLO DE VIVEIRO RECOLLE O DISTINTIVO Q DE CALIDADE PARA AS PRAIAS DE COVAS E AREA
Viveiro, 26 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro recolleu nun acto celebrado en Santiago a Q de Calidade das praias de Area e Covas, un distintivo de recoñecido prestixio que avala a calidade das súas augas e os servizos prestados.
A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.
O areal urbano de Covas, pola súa parte, conta con case 2.000 metros de lonxitude. Unha praia urbana complementada polo paseo marítimo.
No acto participou en representación do Concello de Viveiro a concelleira de Turismo, Marisol Rey, que destacou “a calidade dos distintos areais existentes no noso municipio, o turismo de natureza e praia é un piar fundamental para nós”.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro