DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

O CONCELLO DE VIVEIRO REIVINDICA O SEU COMPROMISO COS DEREITOS DA INFANCIA E DA XUVENTUDE NO DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Viveiro, 20 de novembro de 2024. Con motivo do Día Mundial da Infancia, o Concello de Viveiro reitera o seu compromiso coa promoción e defensa dos dereitos dos nenos, nenas e mozos do municipio.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que "este compromiso foi ratificado recentemente nunha declaración institucional apoiada por todos os grupos políticos no último pleno municipal".

“A infancia e a xuventude son unha prioridade nas nosas políticas, independentemente das cores políticas”, afirma pola sua parte a concelleira de Cultura e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega. “Hoxe queremos reivindicar que os nenos e nenas teñen dereitos e que todos temos a responsabilidade de garantir que se cumpran”, sostén.

Entre as iniciativas impulsadas polo Concello de Viveiro, destaca o grupo de participación xuvenil, que se reunirá este sábado ás 11:30 da mañá no propio municipio. Fernández-Noriega aproveita para animar á mocidade a sumarse a este espazo. “É un grupo que está aberto a novas incorporacións, comezamos unha nova andaina, comezamos con un novo equipo de traballo”, asegura.

Ademais, anunciou que tamén se está traballando na creación dun grupo de participación infantil, aberto a nenos e nenas a partir de cinco anos, coa data de convocatoria pendente de comunicar.

Estes grupos desempeñan un papel fundamental no deseño das políticas e actividades do municipio.

Segundo explicou Fernández-Noriega, o grupo de participación xuvenil está xa involucrado na programación do 25 de novembro e terá unha voz destacada nos eventos do Nadal e outros proxectos futuros.

Ademais, o Concello ten previsto celebrar o primeiro pleno xuvenil nas próximas semanas, consolidando así o seu compromiso de dar protagonismo á infancia e á xuventude.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Foto de Chayene Rafaela en Unsplash

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar