
17
Outubro
DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA
O CONCELLO DE VIVEIRO ILUMINARÁ DE COR ROSA A PORTA DE CARLOS V POLO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA
Viveiro, 16 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro iluminará de cor rosa a porta de Carlos V polo Día internacional da loita contra o cancro de mama, expresando desta maneira o seu apoio ás persoas que teñen esta enfermidade e as súas familias.
En concreto, o luns, 19 de outubro, celébrase mundialmente o Día internacional da loita contra o cáncro de mama e o concello, a partir dese día e durante toda a semana, vai iluminar a Porta de Carlos V de cor rosa.
“É importante concienciar á cidadanía da importancia de aumentar os recursos tanto no ámbito da prevención como das terapias, ademais de por suposto enviar unha agarimosa aperta ás mulleres que a día de hoxe loitan contra esta enfermidade”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Hai só uns anos, o cancro de mama era moi difícil de superar pero a día de hoxe, se se detecta nas súas primeiras fases, ten unhas altas taxas de supervivencia, polo que o concello fai un chamamento a todas as mulleres para que sexan conscientes diso e pasen todas as revisións médicas recomendadas.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro