DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA

DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA

O CONCELLO DE VIVEIRO ILUMINARÁ A PORTA DE CARLOS V CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA

Viveiro, 6 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro súmase á campaña internacional “Unidos por la Dislexia”, que se celebra con motivo do Día Internacional da Dislexia. Viveiro mostrará o seu apoio a esta data iluminando de cor turquesa a porta de Carlos V, durante a noite do sábado 8 de outubro.


O Concello de Viveiro adhírese así á reivindicación da Federación Española de Dislexia, á que se suman cada ano institucións de todo o mundo. Este 2022, Nacións Unidas realizará un evento sobre a dislexia con motivo desta efeméride.

 

O obxectivo desta iniciativa é dar visibilidade este trastorno da aprendizaxe, que afectan ao 10% da poboación e carecen da notoriedade necesaria.

 

#Unidosporladislexia

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar