
07
Outubro
DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA
O CONCELLO DE VIVEIRO REIVINDICA O DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA ILUMINANDO DE TURQUESA A PORTA DE CARLOS V
Viveiro, 6 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que o próximo venres 8 de outubro de 2021 iluminará de cor turquesa a porta de Carlos V con motivo do Día Internacional da Dislexia.
O Concello de Viveiro súmase así á reivindicación da Federación Española de Dislexia e á súa campaña “Unidos por la Dislexia”, á que se adhiren cada ano institucións de todo o mundo. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar este trastorno e outras dificultades específicas da aprendizaxe, que afectan ao 10% da poboación e son case invisibles a día de hoxe.
O goberno local amosa así o seu compromiso coa visibilización da dislexia, contribuíndo deste modo a minimizar os seus prexuízos na sociedade.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro