
10
Xuño
DEGUSTACION MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO EN FESTUR O SABADO 11
O SÁBADO 11, EN FESTUR (Feira de Festas de Interese Turístico), OFRECERASE UNHA DEGUSTACIÓN GRATUÍTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO
Entre as iniciativas organizadas polo Concello de Viveiro para promocionar o municipio e as súas festas de interese turístico en Festur, inclúese a degustación gratuíta da merluza do pincho que terá lugar mañá sábado, arredor das 17:30 horas. Co fin de dar a coñecer o produto máis representantivo da nosa gastronomía, repartiranse unhas 400 racións de merluza elaboradas de dous modos distintos: en salpicón e en empanada. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración da Asociación Cultural e Deportiva Penalba, da empresa Puerto de Celeiro SA e do restaurante Louzao; dende o concello quérese agradecer publicamente a todos eles a súa boa disponibilidade e colaboración na promoción da nosa merluza do pincho e, por extensión, do noso municipio.