
09
Xuño
CURSOS DE NATACIÓN PARA NENOS NO VERÁN
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DOS CURSOS DE NATACIÓN PARA NENOS NO VERÁN E DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA OS ADULTOS EN XULLO
Viveiro, 7 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo verán. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de natación.
Dunha banda, os nenos/as nados entre os anos 2009 e 2018 poderán inscribirse nun curso intensivo de iniciación á natación.
Os grupos serán de luns a venres: ás 10:30 horas para nenos e nenas nados entre 2009 e 2015, e ás 11:30 horas os anos 2016, 2017 e 2018. Os cursos serán do 10 ao 28 de xullo ou do 31 de xullo ao 18 de agosto.
Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana.
As persoas interesadas nestes cursos poden obter máis información e reservar a súa praza na recepción da piscina municipal (no teléfono 982 570610).
Máis información nos carteis das actividades.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro