
24
Novembro
CURSOS DE NATACIÓN
O CONCELLO DE VIVEIRO RETOMA OS CURSOS DE NATACIÓN E AS ACTIVIDADES DIRIXIDAS QUE FORAN SUSPENDIDAS TEMPORALMENTE
Viveiro, 23 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro informa que a partir da vindeira semana retomaranse os cursos de natación de adultos e as actividades dirixidas que se estaban impartindo na piscina municipal. As actividades foran suspendidas durante aproximadamente 1 mes debido á imposibilidade de cubrir todos os cursos cos monitores dispoñibles, dado que, por una circunstancia puntual, o cadro de persoal da piscina non está completo ao 100%.
Concretamente retómanse o curso de iniciación de natación de adultos, o curso medio de natación de adultos, a ximnasia de mantemento e a natación de bebés.
Co obxectivo de cubrir as necesidades e evitar a suspensión das actividades, o Concello de Viveiro realizou un chamamento na bolsa de emprego. Porén, a convocatoria na bolsa de emprego quedou deserta no momento no que se realizou.
Dadas as circunstancias, para poder solucionar o problema e retomar os cursos o antes posible, o Concello de Viveiro decidiu realizar a contratación dun servizo externo mensualmente, mentres as actividades non se poidan cubrir con medios propios.
O Concello de Viveiro pide desculpas polas posibles molestias aos usuarios e usuarias destas actividades, esperando que se incorporen de novo ás sesións na vindeira semana.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro