CORTES DE LUZ

CORTES DE LUZ

O CONCELLO PIDE DESCULPAS POLOS CORTES DE LUZ DERIVADOS DAS OBRAS DE SANEAMENTO EN LAVANDEIRAS, EN CELEIRO, E INFORMA QUE RECLAMOU XA UNHA SOLUCIÓN Á XUNTA COMO RESPONSABLE DA OBRA

Viveiro, 24 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro pide desculpas aos veciños e veciñas de Lavandeiras polos cortes de luz que se están a producir como consecuencia das obras para a mellora do saneamento e informa que se está a buscar unha solución cos responsables da empresa adxudicataria da Xunta, responsable desta actuación.

Dende o grupo de goberno se ten constancia dos cortes de luz que ven sufrindo á veciñanza derivado do manexo da maquinaria tanto á hora de instalar a tubaxe como nos movementos de terra no tanque de tormentas, pero informan que “o concello é totalmente alleo a súa execución”.

Por parte do concello chamouse unha empresa eléctrica que xa tivo que acudir en varias ocasións a restablecer as liñas de luz. No dia de hoxe ían poñer un trenzado provisional para que deixe de suceder”, subliñan.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar