Corte trafico avenida de Cervantes

CORTE TRAFICO AVENIDA DE CERVANTES

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA UN CORTE DO TRÁFICO NA AVENIDA DE CERVANTES DEBIDO A OBRAS DE RENOVACIÓN DO FIRME A PARTIR DO LUNS

Viveiro, 6 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que a avenida de Cervantes, no casco urbano, permanecerá pechada ao tráfico dende o próximo luns 9 de novembro. O corte prodúcese debido ás obras de mantemento que se realizarán no vial e que consisten na reparación do firme, cunha duración estimada dunha semana. A execución deste proxecto fora posposta para realizarse entre a fin do verán e antes do Nadal.

 

Como consecuencia da necesidade de restrinxir a circulación de vehículos na avenida de Cervantes, o Concello de Viveiro informa das seguintes medidas adoptadas:

-         Dunha banda, restrínxese a circulación na avenida de Cervantes durante a duración das obras. Dita restrición implica a anulación dos carrís de incorporación procedentes, en ambos sentidos, da estrada LU862 (Travesía da Mariña).

-         Establecerase a circulación circunstancial en modo alternativo pola rúa Río dos Foles cara a rúa Rego das Frores. Para posibilitar esta dobre circulación, prohibirase o estacionamento na rúa Rego das Frores e instalaranse semáforos circulares para vehículos.

-         Ademais, para que o servizo de recollida do lixo se realice fóra da área afectada polos traballos, o Concello de Viveiro colocará contedores móbiles na zona da Praza de Abastos, ao carón dos colectores de lixo subterráneos.

-         Para solucionar o acceso dos usuarios do Centro de Alzheimer, está previsto habilitar un espazo reservado de parada e estacionamento que se ubicará na praza de Juan Donapetry. 

-         Por último, a empresa de transporte escolar afectada polas obras realizará un cambio de itinerario por outra vía alternativa.

 

Dende o Concello de Viveiro, laméntanse as molestias que estas obras poidan causar á veciñanza, mais esperan que as intervencións melloren o acondicionamento da avenida e polo tanto a seguridade vial.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar