CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA A MELLORA DA ACCESIBILIDADE

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA A MELLORA DA ACCESIBILIDADE

ANUNCIADA A CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA A MELLORA DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS DE VIVEIRO

Viveiro, 20 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro informa de que xa está anunciada a convocatoria das axudas para o Programa de mellora da accesibilidade en vivendas do ano 2025, tal como se establece na Resolución do 17 de marzo de 2025 publicada no Diario Oficial de Galicia.

Este programa ten como obxectivo mellorar a accesibilidade tanto no interior das vivendas como nos seus accesos, en todo tipo de inmobles, tanto no medio urbano como rural. As persoas de Viveiro poden beneficiarse destas axudas, que están orientadas a fomentar a inclusión e a mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

As subvencións cubrirán ata o 60% do custo das obras, podendo chegar ata o 80% no caso de que na vivenda resida unha persoa con discapacidade ou unha persoa maior de 65 anos. Ademais, os límites de axuda variarán en función do tipo de vivenda ou edificación.

As actuacións subvencionables inclúen a instalación de ascensores, salvaescaleiras ou ramplas, a colocación de produtos de apoio, a instalación de sistemas de comunicación electrónica como videoporteiros e a incorporación de sistemas domóticos e tecnoloxías que melloren a autonomía das persoas maiores ou con discapacidade.

Tamén se financiarán as obras para mellorar a accesibilidade nos interiores das vivendas, como a ampliación de espazos ou a mellora das condicións nos baños e cociñas.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde as 09:00 do 27 de marzo de 2025 até as 14:00 do 28 de abril de 2025, ou até que se esgote o crédito orzamentario. En todo caso, a resolución final será publicada no DOGA, onde tamén se detallará a data límite exacta unha vez esgotado o orzamento previsto.

Para máis información ou para tramitar as solicitudes, as persoas interesadas poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, situada na Praza Maior, 1, ou poñerse en contacto a través do teléfono 982 56 29 68.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Foto de Markus Spiske en Unsplash

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar