
18
Xullo
CONCERTO DE GRUPOS ELÉCTRICOS
O CONCELLO DE VIVEIRO E O CONSERVATORIO DE MÚSICA ORGANIZAN MAÑÁ UN CONCERTO DE GRUPOS ELÉCTRICOS
Viveiro, 17 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan mañá, martes 18 de xullo, un concerto nos Xardíns Noriega Varela.
Será ás 20:30 horas coa actuación dos grupos eléctricos ‘Golpe de Efecto’ e ‘Aula 30’. Na zona dos xardíns máis próxima ao conservatorio.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro