CONCERTO DA ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

CONCERTO DA ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

A IGREXA DE SAN FRANCISCO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE DOMINGO, 2 DE OUTUBRO, UN CONCERTO DA ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

Viveiro, 27 de setembro de 2002. A Igrexa de San Francisco de Viveiro acolle este próximo domingo, día 2 de outubro, un concerto da Orquestra de Cámara Galega.

O concerto, coa colaboración do Concello de Viveiro, chega este domingo á vila dentro do ciclo ‘Xacobeo en Cámara’. A entrada será de balde.

Unha boa oportunidade para ver en Viveiro á Orquestra de Cámara Galega, unha nova actividade cultural para os nosos veciños e veciñas”, sostén a alcaldesa, María Loureiro.

Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-concertino, e Clara Groba, violoncelo principal e solista, a orquestra está integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos.

 

Desenvolveu unha intensa actividade que lle levou a interpretar un amplo repertorio que abarca desde o barroco ata os nosos dias, incluíndo a difusión de compositores galegos e facendo especial fincapé na extensa obra do compositor Rogelio Groba Groba, do cal se levaron a cabo numerosos estreas.

 

No ámbito internacional, a orquestra actuou en Viena, Nueva York, Arxentina ou Holanda. Colaborou con profesionais da talla de Teresa Berganza, Anthony Pay, Cecilia Lavilla, Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Ramón Méndez, Juan Lomba, José Núñez e José Luis Estellés.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar