COMPOSTAXE DOMÉSTICO

COMPOSTAXE DOMÉSTICO

O CONCELLO DE VIVEIRO AMPLÍA O SEU PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO PARA CHEGAR ÁS 300 FAMILIAS

Viveiro, 26 de xullo de 2021. ‘Viveiro Sustentable’ é o proxecto do Concello de Viveiro de loita contra o cambio climático e defensa do medio ambiente. A primeira campaña do proxecto e á compostaxe domestica, na que xa están implicadas preto de 200 familias.

Este programa ten como obxectivo que 300 familias do Concello de Viveiro composten na súa casa. O único requisito é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.

Agora, ábrese un novo prazo para que as persoas interesadas recollan o seu composteiro aínda que non estén apuntadas previamente no programa.

Entregaranse composteiros a tódalas persoas interesadas no Pavillón Polideportivo Municipal de Viveiro o martes 3 e o xoves 5 de agosto entre as 10:00 e as 14:00. Ao recollelo será necesario indicar un número de teléfono e o nome.

As persoas que recollan o composteiro recibiran unha chamada para completar os seus datos, tamén poden facelo nun formulario online antes ou despois da recollida.

Logo disto recibirán a visita das Mestras Composteiras que farán a labor de formación para o mellor funcionamento dos composteiros.

Agradecemos a colaboración veciñal, con esta aposta pola compostaxe pretendemos que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Para participar de forma gratuíta no programa pódese completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF), enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675.507.832.

A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar