Cierre campamento de veran

CIERRE CAMPAMENTO DE VERAN

O C0NCELLO DE VIVEIRO CLAUSURA CON ÉXITO O CAMPAMENTO DE VERÁN E PON EN MARCHA OS SERVIZOS DA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL E OS BONOS DE TRANSPORTE UNIVERSITARIOS

Viveiro, 5 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro clausurou con éxito o campamento municipal de verán, que se desenvolveu no pavillón do CEP Lois Tobío. Celebrouse de luns a venres, de 8:30 a 14:00 horas, intentando deste xeito facilitar a conciliación familiar e laboral.

Os 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos participantes tiveron un programa de lecer no que puideron desfrutar das actividades organizadas pola empresa encargada do servizo, que intentou compatibilizar actividades lúdicas, deportivas e manualidades tanto ó aire libre como no interior das instalacións, atendendo á especial situación derivada da crise sanitaria provocada pola Covid-19.

Neste senso, valorouse a necesidade de ofrecer un recurso para todas as familias de Viveiro, pensando especialmente nos fogares con dificultades de conciliación e en situación de especial vulnerabilidade. O último día de campamento, o concelleiro de Educación e Xuventude, Emilio Villarmea, acudiu a despedir aos participantes e fixo entrega dos diplomas acreditativos.

Por outro lado, ante o inicio dun novo curso escolar, quérese lembrar que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Viveiro segue prestando os servizos de asesoramento na tramitación das bolsas de estudos non universitarios e universitarios para o curso 2020/2021, así como en todo ao referido á xestión académica para iniciar ou continuar estudos de FP  e Universidade.

Tamén informamos que as persoas  estudantes de FP e Bacharelato de Artes que se desprazan dende Viveiro a Xove, San Cibrao, Burela e Foz poden inscribirse na OMIX para facer uso do servizo de transporte organizado polo Concello para estudantes. É necesario presentar foto tamaño carné e copia da matrícula. Poden contactar no mail informacion.xuvenil@viveiro.es, ou chamando ao Concello 982560128. Ext 1135.

No referente ao transporte para os estudantes de FP, universitarios e ensinanzas artísticas ás cidades de Lugo, A Coruña e Santiago, nos vindeiros días poderá solicitarse o bonobús coa reducción do 50% subvencionado xestionado polo Concello.

Neste sentido, o concello informa ás persoas estudantes que teñan viaxes sen desfrutar do curso pasado que poden entregar as tarxetas na OMIX, sen previa cita, para aumentar a caducidade das mesmas ata o 31 de decembro de 2020.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar