CENTRO DE ATENCIÓN E INFORMACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL EN VIVEIRO

CENTRO DE ATENCIÓN E INFORMACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL EN VIVEIRO

O DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA, JOSÉ MIÑONES, VISITOU HOXE O NOVO CENTRO DE ATENCIÓN E INFORMACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL EN VIVEIRO

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, supervisou esta mañá a finalización da obra do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) de Viveiro.
Miñones estivo acompañado pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o director provincial do INSS, Juan Rodríguez Gude.
Tamén asistiron á visita outros membros do equipo de goberno e o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Óscar Rodríguez Blanco; o voceiro do Grupo Municipal de Por Viveiro, Bernardo Fraga Galdo; a voceira do  Bloque Nacionalista Galego, Miriam Bermúdez García, e o concelleiro non adscrito, Luis Manuel García Otero.
Dende o goberno municipal quérese agradecer publicamente ao goberno estatal “por sacar adiante este gran proxecto, a construción dun novo edificio do CAISS, máis amplo e céntrico que o anterior, que sirva para cubrir as necesidades existentes; un proxecto que moito tempo atascado e para o que, no seu momento, o concello cedera os terreos necesarios para a súa construción”.
Esta edificación, que contribúe a humanizar unha zona na que xa se concentran outros servizos públicos, como a Policía Nacional ou Correos, non prestará servizo só aos veciños de Viveiro, senón tamén aos municipios limítrofes, tratándose, polo tanto, dun servizo moi necesario.
O delegado do Goberno en Galicia aproveitou a visita para manter unha reunión de traballo co goberno municipal sobre temas pendentes.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar