CEA-BAILE POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

CEA-BAILE POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O CONCELLO DE VIVEIRO CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CUNHA CEA-BAILE

--O Executivo local organiza un evento no que se darán cita as mulleres da vila para compartir experiencias

Viveiro, 11 de marzo de 2025.  O Concello de Viveiro organiza unha cea-baile con motivo do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar no restaurante Louzao-Area o vindeiro sábado 15 de marzo ás 22:00 horas. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Muller e do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro.  

Deste xeito, o equipo do Executivo local busca realizar un encontro coas mulleres de Viveiro no que compartir experiencias e momentos de lecer nun contexto distendido. A cita deste sábado constitúe un espazo no que convivirán distintas xeracións de mulleres da localidade. Como explicou a alcaldesa, Mariña Gueimunde, “trátase dunha noite de convivencia na que queremos recoñecer o traballo e o labor das mulleres do nosos municipio, e por en valor o papel que teñen no desenvolvemento da nosa localidade”. 

O custe da entrada é de 50 euros, e as persoas interesadas poden mercar a súa entrada no propio restaurante a partir do mércores 12 de marzo.

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar