-geeaaeaeegcoc.jpeg)
02
Xuño
CANTINA DO PARQUE PERNAS PEÓN
O CONCELLO DE VIVEIRO ABRE O PRAZO PARA ALUGAR A CANTINA DO PARQUE PERNAS PEÓN
Viveiro, 1 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro saca a licitación o contrato de arrendamento da Cantina do Parque Pernas Peón e informa que o prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 20 de xuño.
Estas instalacións de titularidade municipal poden destinarse a algunha das seguintes actividades: restaurante, bar ou cafetería. A duración do contrato de arrendamento fíxase en 15 anos, establecéndose unha posibilidade de prórroga por un prazo máximo de 5 anos, por mutuo acordo entre as partes antes da finalización do prazo máximo inicial establecido.
Os licitadores, para a presentación das súas ofertas, durante o prazo de presentación, poderán poñerse en contacto co servizo de contratación do Concello de Viveiro (teléfono 982560128), para a inspección e comprobación da edificación.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro