CANDELA REGO SELECCIONADA PARA O CEPIA

CANDELA REGO SELECCIONADA PARA O CEPIA

CANDELA REGO, DO GRUPO DE PARTICIPACIÓN XUVENIL DE VIVEIRO, SELECCIONADA PARA O CONSELLO ESTATAL DE PARTICIPACIÓN DE INFANCIA E ADOLESCENCIA

Viveiro, 19 de febreiro de 2025. O Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro vén de recibir un novo recoñecemento coa selección de Candela Rego como membro do Consello Estatal de Participación de Infancia e Adolescencia (CEPIA). Este órgano, creado en 2021, ten como obxectivo dar voz aos menores de 10 a 18 anos a nivel nacional.

Candela, integrante do grupo desde hai tres anos, comezará a súa participación no CEPIA a partir do vindeiro luns, onde se integrará na asamblea composta por 34 mozos e mozas de todo o territorio nacional.

Este órgano reúne mensualmentes de forma virtual e traballa en diversas áreas como saúde, educación, medio ambiente, igualdade ou emancipación.

A súa incorporación únese ao traballo realizado por Emily Castañeda, quen desde 2023 ocupa o cargo de vogal no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou: “A implicación de Candela e Emily en foros de tal relevancia é un exemplo para toda a nosa mocidade. Desde o Concello seguimos comprometidos en fomentar a participación activa da xuventude, e invitamos á mocidade local a unirse ao Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro”

Saúdos, Comunicación de Viveiro.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar