-gezegeaezgyga.jpeg)
27
Maio
CAMIÑO DO MAR
O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA AO CEP LOIS TOBÍO POLO SEU LABOR DE DIFUSIÓN DO CAMIÑO DO MAR
Viveiro, 26 de maio de 2021. O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación e agradecemento aos docentes e ao alumnado do CEP Lois Tobío pola súa implicación en difundir e dar a coñecer o Camiño do Mar.
O centro educativo realizou carteis, trípticos e pegatinas, coas que contribúen á promoción desta ruta xacobea. O material será empregado nalgunhas das actividades que o goberno local organice co gallo da promoción da ruta.
Esta iniciativa do CEP Lois Tobío súmase ao traballo que desenvolve o Concello de Viveiro a prol de lograr a oficialización do Camiño do Mar. Dende o goberno local recordan que acadar o recoñecemento oficial deste camiño a Compostela suporía un importante impulso para Viveiro e toda a comarca.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro