BORRADOR DAS BASES DAS AXUDAS DO PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA

BORRADOR DAS BASES DAS AXUDAS DO PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA

BORRADOR DAS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA NO TERMO MUNICIPAL DE VIVEIRO, PARA PALIAR OS EFECTOS DO COVID-19, INCLUÍDAS NO PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE VIVEIRO

Por medio do presente dáselle traslado do BORRADOR das Bases reguladoras de axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Viveiro, para paliar os efectos do COVID-19, incluídas no Plan de Reactivación Económica do Concello de Viveiro, co obxectivo de que se poida coñecer o seu contido de cara a recompilar a documentación necesaria para a presentación da solicitude no momento de abrirse o prazo.

 

Neste sentido, cómpre sinalar que na orde do día do pleno que terá lugar o 2 de xuño se inclúe a aprobación do orzamento municipal, no que se recolle a dotación económica necesaria para o Plan de Reactivación Económica. Tras a aprobación e publicación do orzamento, cando este entre en vigor, procederase á publicación das bases definitivas e á apertura do prazo para a presentación das solicitudes.

 

Mentres se realizan os trámites referidos, dende o Concello de Viveiro quérese facilitar este BORRADOR para que os posibles beneficiarios destas axudas poidan ter unha idea xeral da documentación que se vai requerir.

 

Viveiro, na data que consta á marxe.

 

A Alcaldesa

María Loureiro García

 

 

BORRADOR BASES AXUDAS PLAN REACTIVACION ECONOMICA

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar