
12
Maio
BANDEIRA AZUL Á PRAIA DE AREA
O CONCELLO DE VIVEIRO, MOI SATISFEITO POLA CONCESIÓN UN ANO MÁIS DA BANDEIRA AZUL Á PRAIA DE AREA
Viveiro, 11 de maio de 2021. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá recibiu a notificación que certifica que a Praia de Area terá de novo este ano Bandeira Azul.
A Bandeira Azul é un distintivo de recoñecido prestixio da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) que avala a calidade das súas augas e os servizos prestados.
A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.
“O turismo de natureza e praia será un piar fundamental este ano, no que xa vemos a luz ao final do túnel desta pandemia, polo que desde o Concello estamos moi satisfeitos pola bandeira azul para Area”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro