
21
Marzo
AVENIDA DE CERVANTES
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE QUE A AVENIDA DE CERVANTES PERMANECERÁ PECHADA AO TRÁFICO AO MENOS UNHA SEMANA POR OBRAS DE RENOVACIÓN DO FIRME
Viveiro, 17 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro comezará o luns, día 20 de marzo, unhas obras de renovación e mantemento do firme na avenida de Cervantes.
Debido a estes traballos, desde o luns a primeira hora e polo menos durante unha semana, a avenida de Cervantes permanecerá pechada ao tráfico.
Como percorrido alternativo, habilitarase un desvío provisional a través de avenida Benito Galcerán e Rego das Frores, que estará regulado por semáforos de obra.
Aínda que estará debidamente sinalizado, non se poderá estacionar durante este período na rúa Rego das Frores para facilitar a circulación nese tramo.
O Concello de Viveiro agradece a colaboración veciñal e pide desculpas de antemán polas molestias ocasionadas.
Saúdos, Concello de Viveiro